jueves, 25 de enero de 2007

Plataforma pro Autovia A76, Corredor 3 por Ourense

REPRODUCION LITERAL DO MANIFESTO, APROBADO POLOS MEMBROS DA:"PLATAFORMA PRO AUTOVIA A76, CORREDOR 3, POR OURENSE ", NA XUNTANZA QUE TIVO LUGAR O DIA 17 DE XANEIRO EN TRIVESversion corrixida por linguista:
O que é?
? REUNIDOS EN A POBRA DE TRIVES, OS REPRESENTANTES SOCIAIS, CULTURAIS, POLÍTICOS E ECONÓMICOS, DOS CONCELLOS ABAIXO NOMEADOS, DESEXAN FACER PÚBLICO O SEGUINTE

MANIFESTO
REIVINDICAMOS, de xeito inequívoco, a AUTOVÍA A-76, CORREDOR 3, a través da provincia de Ourense, cuxo trazado está definido, nos estudos previos, no contorno da actual OU-536, OU-636 entre A RÚA e OURENSE.
Esta autovía supón a vertebración da provincia de Ourense, a través da zona oriental:

PORQUE:

TECNICAMENTE, consideramos que este trazado ofrece evidentes vantaxes sobre os outros barallados para esta vía, porque ocasionaría un menor impacto ambiental, porque se optimizarían os tempos de percorrido, e porque se abaratarían os custos de execución material na súa construción; tal e como reflicten os informes emitidos por diversas institucións. Acadaríase unha ordenación territorial en infraestruturas máis xusta, equitativa e homoxénea.

SOCIALMENTE, é de urxente necesidade para vertebrar adecuadamente os concellos, polos que transcorre, co resto da provincia de Ourense, co resto de Galicia e co resto de España, rematándose cunha situación de agravio para as nosas terras producida coa supresión da antiga Nacional 120.

ECONOMICAMENTE, é imprescindible para acadar o desenvolvemento real dos grandes potenciais dos nosos concellos, e que se conseguiría coa construción dunha vía de alta capacidade como a futura Autovía A-76. O corredor que reivindicamos, o número tres, que percorre a provincia de Ourense, pasaría ao pé da única estación de esquí de Galicia, que recibe miles de visitantes de España e Portugal, e que coa súa construción potenciaría o uso deste tramo da autovía A-76 .

HISTORICAMENTE, o territorio e a propia provincia pola que debe transcorrer esta autovía veñen sendo marxinados dende hai décadas. Non se trata de mendigar nin de ir de vítimas, senón de reclamar o que consideramos xusto para o rexurdir duns pobos condenados a desaparición por falla de infraestruturas.
Por estes motivos, e por que cremos firmemente na necesidade de desenvolver o grande potencial destas terras, faise necesaria máis ca nunca, a unidade de todos os cidadáns e cidadás, institucións e, principalmente, dos políticos que nos representan, para que fagan valer ante quen competa, a necesidade, lexitimidade e xustiza da nosa petición para que a Autovía A-76 discorra polo corredor número tres, pola provincia de Ourense.

CHEGOU o momento; esta é a oportunidade de que a administración pague esta DÉBEDA HISTÓRICA.

PARA OS CIDADÁNS e CIDADÁS, destes concellos esta é a última posibilidade de supervivencia; se esta demanda non é satisfeita, o impacto económico e social vai ser brutal e a nosa poboación quedará sen expectativas.

O que estamos a pedir é de elemental XUSTIZA SOCIAL.

ASINADO:
concellos de O BOLO, CASTRO CALDELAS,CHANDREXA DE QUEIXA
LAROUCO, MACEDA, MANZANEDA, MONTEDERRAMO, PARADA DO SIL, PEREIRO DE AGUIAR, POBRA DE TRIVES, A TEIXEIRA, VIANA DO BOLO, VILARIÑO DE COUSO, SAN XOÁN DE RÍO, BAÑOS DE MOLGAS, XUNQUEIRA DE ESPADANEDO, ESGOS.

Etiquetas:

9 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Hai vinte séculos os romanos -que eran uns adiantados ao deu tempo-, xa fixeron un trazado por onde tiña que ser. Que pasou hai vinte anos: que o "lobby" do PSOE galego d´A Coruña e de Vigo, presionaron para acadar dúas autovías que beneficiaron ás dúas urbes. Ourense quedou afastada. Desta volta non podemos permitirnos o luxo de quedar fóra de xogo. ADIANTE COA INICIATIVA E CON PRESIÓNS DE TODA CASTE!!!

09:05  
Anonymous Anónimo said...

Ya estamos con el lenguaje bloquero y con "la caste".

09:20  
Anonymous Anónimo said...

Pero estamos locos o que?
Acaso pasa la A-52 por Monforte o Ribadeo?
Por dónde va a pasar el AVE entonces?
Acaso por Sarria o Lugo?

Nada, que algunos ourensanos queréis vivir a cuenta de los logros de los demás como siempre.
Basta de mentiras y de intoxicar a los pobres vecinos que ven como sus pueblos se quedan despoblados, porque no se arreglan sus carreteras y no se abren industrias.

14:13  
Anonymous Anónimo said...

Totalmente de acuerdo contigo, lo único que están haciendo es parchar una carreter dejándola mucho peor de lo que estaba, tantos carteles anunciando el acondicionamiento...pero en fin .. no deja de ser un papel que lo soporta todo.

21:45  
Anonymous Anónimo said...

La reivindicacion esta ya pasa de castaño oscuro. Cuando se entra en dianmicas judiciales y se quiere demandar a un politico por responder de sus promesas, y cuando la provincia de ourense queiere arrebatar otra cosa mas despues de 50 años desmantelando monforte, es que vivimos instalados en el absurdo.

Ya se explico por activa y por pasiva, porque lo que se revinidica es imposible, ilegal y amoral.
AHora que cada uno actue como quiera.

Pero hay responsables politicos partiendose la caja a cuenta de esto y instigando un conflicto entre provincias por interes electoral personal.
Y ellos ya saben que la a-76 no puede pasar por trives.

18:00  
Anonymous Anónimo said...

Lo importante es participar amigos, siempre os quedara la vica, aunque eso si, en trailers no la podreis exportar porque autovia ni de coña

01:23  
Anonymous Anónimo said...

Ignorante bica se escribe con "b" de burro que es lo que eres.

!!Aupa Ourense!!

22:30  
Anonymous Anónimo said...

Eso analfaburro bica de toda la vida con "b" y si no tratamos de luchar por lo nuestro que nos queda, A-76 por ourense

23:28  
Anonymous Anónimo said...

Lo único que digo es que si se torciese la cosa y condenasen a Monforte a la muerte que le espera de quitarle su ultima salvación (la a-76; ya estamos viendo en los periódicos que pasa con el puerto seco, y lo smonfortinos tenemos muchas decadas de experiencia de promesas que se esfuman), si se torciese, si hubiese la mas minima señal de que no viene...la presión habría que llevarla a limites que fueran insoportables. Hay dos opciones: o viene por aquí, o viene por aquí. La palabra es la palabra. Otra opción: para la presión no existen límites. Y cuando digo ninguno, es ninguno. Que ya son más de 50 años asesinando Monforte, y sobre todo con Ourense como ejecutor, y ya está bien. De aquí no pasa, ya sería la última.

00:16  

Publicar un comentario

<< Home