A FONTE DOS CAÑOS
Refírome á "fonte dos caños", que non só é unha fonte en si ("con 4 caños") senón que foi un antigo lavadoiro de roupa. Lembro de pequeno, como as mulleres acudían "ós caños" co cesto bamboleándose na cachola, co seu xabón de lagarto, e dispostas a deixala roupa, tinguida do suor doutros tempos, coma unha patena.
Unha imaxe que sempre recordo a de escoitar un lalalá de fondo e como intercambiaban inquedanzas mentres as súas mans refregaban e tomaban un color avermellado pola frescura da auga.
Con isto quero transmitir o valor cultural e social que supuxo durante moitos anos esta fonte, e que agora permanece mais fría e escura que nunca, no esquecemento.
Creo que as institucións públicas deberían recoñecer esta fonte como un gran patrimonio de Maceda e velar pola súa conservación.Por certo o que fixeron ca pedra do chan da fonte os anteriores gobernantes non ten nome(senón déanse unha volta e ollen o dito).