AUGA EN MAL ESTADO DENDE FAI TEMPO!!
(Texto extraido de www.bng-maceda.org)
Dende o Grupo do BNG no Concello de Maceda consideramos as declaracións do Alcalde de Maceda aparecidas en distintos medios fai uns días con respecto aos problemas da auga bastante alexadas da realidade.A contaminación da auga de consumo doméstico non se pode deber os incendios forestais xa que e un problema que se ven manifestando en Maceda cada vez que chove moito antes do verán (época dos incendios), concretamente este problema comezou en Maceda no mes de Febreiro aproximadamente. Por outra banda se fora problema dos incendios como se explica que esten afectados os concellos de Maceda e Xunqueira de Ambía e non o de Baños de Molgas que se atopa no medio e colle a auga do mesmo río. Ademais dáse a casualidade afortunada que este verán en Maceda so se rexistrou un incendio forestal, do cal nos felicitamos.Dende o BNG cuestionamos os servizos de GESECO, empresa concesionaria das augas en Maceda, e cuestionamos tamén a política que a este respecto ven levando o Alcalde.
Creemos que o río se contamina por diversas causas relacionadas con falta de predición en Políticas Municipais de Medio Ambiente, e por suposto por unha insuficiencia gravísima nos servizos de depuración, e nos parece irresponsable que o Alcalde se ampare de xeito inxusto nos incendios forestais que parece a única preocupación do Partido Popular, lastima que os 16 anos que foron responsables do Goberno da Xunta non amosaran esa mesma preocupación.Dende o grupo municipal Nacionalista imos tomar varias medidas na procura de garantirlle os veciños un servizo de auga de calidade e tomaremos algunha iniciativa como a de solicitar no próximo pleno ao Concello que suspenda o cobro de recibos da auga ata que se poida garantir os veciños un servizo que reúna as condicións óptimas encanto a calidade, xa que consideramos moi inxusto cobrar a auga ao prezo elevado por un servizo tan pésimo como o que se está a ofrecer actualmente.