viernes, 21 de septiembre de 2007

Mensaje del Alcalde de Maceda

Como internauta que son, aínda que agora moito menos por falta de tempo dende o meu novo cargo, vexo que hai bastante polémica en torno ao meu salario como Alcalde. Se me permitides tamén me gustaría participar neste blog.

Efectivamente son consciente que 1500 Euros mensuais é unha carga para o Concello como outra calquera, non son nin aproveitado nin malgastador, pero deses 1500 euros co que se me desconta de impostos me quedan ao mes en 1200, non sei se haberá algún xerente dalgunha empresa que traballe por esa cantidade bastante axustada para vivir. Vistas todas as responsabilidades que ten un alcalde, seguramente que é un soldo pequeno pero para mi suficiente, non aspiro a máis e tratarei de defendelo fronte aos intereses dos macedans con toda a paixón posible. Por certo... Me gustaría saber os salarios de alcaldes doutros partidos pola provincia de Ourense adiante...

Hai unhas cuestións derivadas da miña profesión que non me permiten acollerme á dedicación exclusiva, por iso inclineime pola parcial, recordo que non teño pensado ser alcalde ata miña xubilación, e ao rematar a miña fase como alcalde terei que seguir exercendo o traballo que realizaba ata agora, e de aí que terei que manter o meu estatus profesional dalgún xeito. Gustaríame insistir en que non estou na idea de dedicarlle 4 horas diarias ao Concello, máis ben dedícolle as 24 horas do día ao servizo dos cidadáns de Maceda.

Non me parece moi ético defender o meu salario porque non é o principal problema de Maceda, en calquera caso recordar que na miña primeira semana como Alcalde xestionei unha subvención da Xunta que supera o meu salario por un ano, polo que seguramente xa estaría rentabilizado, e non pretendín nunca que o meu salario pasase desapercibido, recordar que o aprobamos en pleno ás 8 da tarde e anunciado previamente para que asistise todo o mundo. En calquera caso as arcas do Concello comigo están de momento igualadas en gastos de salarios co goberno anterior, xa que e isto é curioso, cobro o mesmo salario que cobraba o man dereita do anterior alcalde de sobra por todos coñecido, tal e como apunto outro internauta neste blog en outro comentario.

Sobre as medidas tomadas de tráfico, é unha preocupación do actual Concello de Maceda a mellora do tráfico porque repercute positivamente nos negocios e na comodidade dos veciños. Foron postas a proba estas Novenas coa idea de poñelas o verán próximo do 15 de Xullo ao 10 de Setembro.

Vexo que algún internauta sospeita destas medidas como que son para tapar outros problemas, e teño que dicir que sempre me gustou afrontar os problemas de cara e con transparencia, de aí que este Luns día 24 ás 8 da tarde no Salón de Plenos do Concello, convocase a todos os veciños de Maceda a unha asemblea para expor que a auga que bebemos e debido a unha mala xestión do equipo de goberno anterior, non está nas mellores condicións e para poñernos xunto co Concelleiro de Medio Ambiente os deberes para este Outono de solucionalo coste o que coste, xa que os veciños de Maceda merecen auga de calidade e lla podemos ofertar cos investimentos apropiados claro.

50 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Haber si todos los que protestamos aqui asistimos a la asamblea. Y lo más importante por fin parece que se van arreglando cosas...

Sobre el sueldo toma contestación aquellos que pedian transparencia ahi la tienen...

16:22  
Anonymous Anónimo said...

Por favor..."a ver", non "haber", nin en castelán nin en galego, para quen escribe seguramente de presa ás 16:22

18:46  
Anonymous Anónimo said...

Pois pareceme fenomenal que fagas público o teu salario, e que fagas participe os cidadans xa sexa mediante os plenos públicos ou que contestes/participes en foros. Eu penso, e non é por facer a pelota, que o salario é bastante baixo en comparación da responsabilidade. Aquí en Catalunya, hai alcaldes de pobos similares a Maceda que cobran ata 5 veces máis.

19:14  
Anonymous Anónimo said...

Sabemos que Xabier se deixa o pelexo por Maceda as 24 horas do día. O soldo mesmo é baixo para un concello como o noso. O dito: mellor un alcalde remunerado que traballe que outro non-remunerado, desmotivado e posto polo vicerrei Baltar á forza. NORABOA AO ALCALDE POR IR DE FRONTE. MACEDA ESTÁ EN BOAS MANS.

19:52  
Anonymous Anónimo said...

O soldo mesmo está por debaixo do soldo medio dos galegos (un dos máis baixos do Estado e que ronda os 1.300 euros). O "secretito" xa non é "secretito". A ver con que nos saen agora Os Resentidos (non os de Reixa).

19:58  
Anonymous Anónimo said...

AGORA XA SABEMOS POR BOCA DO ALCALDE OS SEUS EMOLUMENTOS. CARALLO CO BRANDÍN, ESE SÍ QUE ESTABA BEN REMUNERADO. PEPERIÑOS, TENDES QUE IR A PETARÓS A RESPIRAR PROFUNDO DENANTES DE TECLEAR NESTA BITACORA.

07:59  
Anonymous Anónimo said...

PARECEME QUE O ALCALDE MINTE PARCIALMENTE. SOMENTE FALA DO SOLDO PERO OLVÍDASE DAS DIETAS QUE PODEN SER TAN GRANDES COMO O SOLDO....
NON FALA PARA NADA DO PROMETIDO DO CASTELO.....
FALA DE BAGEDADES......
QUE NOS CONTE A VERDADE......

13:26  
Anonymous Anónimo said...

el alcalde ya os ha despejado la incognita de la polemica cuanto gana el alcalde??¿ pero hay algun graciosillo que ya mete otras custiones que no se debatian aqui lo del castillo y demas yo no recuerdo que estuviera a debate lo que se debatia es el sueldo del alcalde y esyo el alcalde os ha complacido y os informado tanto como ganaba o brandin que non era alcalde ademas de cobrar de otro estamento publico eso si que es de verguenza y de censura juan j gomez santirso vila da serra

23:09  
Anonymous Anónimo said...

Que nos digha cuanto gaNA DE dietas al mes!!!!!!!!

10:32  
Anonymous Anónimo said...

Parece que hai xente que non se quere enterar, o alcalde renunciou a todo tipo de dietas, incluidas as dos viaxes a Santiago.

O novo alcalde costaralle so 1500 Euros o mes ao Concello, o das dietas era o alcalde anterior que si cobraba e bastantes, xa vistes fai pouco o que saiu no país...

12:28  
Anonymous Anónimo said...

uhhhh¡¡¡¡agora pouco hai ke dicir...non é¡¡¡algún ainda fala das dietas....¡¡¡¡home vaii¡¡¡ahhh,sígueme parezendo patético o de por anónimo e soltar unha animalada dessas¡¡
enteraibos todos, o que interesa é que maceda vaia padianteeeeee¡¡¡¡

12:37  
Anonymous Anónimo said...

Falando do soldo do Alcalde, que considero digno para o noso concello, hai que falar tamén froito do pacto de governo xurdido do resultado das eleccións que os membros do governo do PSOE, concelleiros delegados nas súas respectivas áreas non perciben soldo. Por diversos motivos non
o demandan, como si ocorre, por certo, noutros concellos de cogoverno , sendo súa a resposabilidade de xestión nas áreas delegadas.
Transparencia? Claro que si, estou dacordo.

17:35  
Anonymous Anónimo said...

GRACIAS XABIER, ogallá os demais alcaldes foron igual de sinceiros que ti. Aquelo de que non cobran un can pero rouban máis que o soldo de 50 alcaldes soamente o cren os que tamén chupan do bote e catro paspáns máis

19:11  
Anonymous Anónimo said...

Persoalmente creo que non debes participar nestes foros onde escasea moito o rigor nas opinions, e estás a magnificar a importancia do que nel se di.
Pero algún o ler a túa carta fodicheslle os argumentos de enmerdar a túa xestión. E igual seguirán a intentar foder como sexetos activos xa que levan moito tempo fodidos como suxetos pasivos e por enriba ¡¡GOSTABALLES!!.
Un saúdo.

21:08  
Anonymous Anónimo said...

Estou por apostar que cobran máis os administrativos do concello que o alcalde, e seguro que nin fan 24 horas.

21:09  
Anonymous Anónimo said...

Eu opino o mesmo que o das 21.08. Non debes participar nestes foros. Non hai mais que ler as opinios que fai a maioria da xente, sin xeito nin maneira, moitas veselle malas intencios, escondense no anonimato para liberar as suas frustacios, etc. Eu recomendoche que para a tua saude mental nin leas o que aiqui se dice porque saen moitas tonerias.

Non me sorprendeu nada cando vin o teu comunicado, porque eu que te coñezo, e tal como eres,sei que che gusta dar a cara e dar as explicacios que faga falta, porque non tes nada que ocultar, pero de verdade Xabier, aiqui escribense moitas tonterias e a xente gustalle moito falar do que non sabe. adiante e moita sorte. carmen

23:05  
Anonymous Anónimo said...

jajajajaja e que non podo reaccionar de outra maneira, que pena 1500€, pobriño... por certo o que dixo o dos alcaldes cataláns e non sei que máis imaxino que xa sabes que vives en Galicia non?ben, pois eu é que vexo que hai xente que traballa e que ten o seu cargo no concello sen percibir 1€,
antes deciase pesetero agora eurotero?
Por certo creo que haxa moita xente en Maceda que gañe 5 veces máis que eso como di algún.

23:28  
Anonymous Anónimo said...

Hai xente en Maceda que por "catro" /"cinco" horas de traballo "teóricas" (nunca millor dito), ronda os 2.OOO Euros. Dignifiquemos os traballos. Un alcalde debe ter soldo: parcial ou a tempo completo. Todos sabemos de alcaldes sen soldo que logo canalizan ingresos ou cotizacións "máximas" por outros "conductos".

10:03  
Anonymous Anónimo said...

...Os 2.000 Euros netos, non brutos.

10:05  
Anonymous Anónimo said...

Pero Xavier non explica canto gaña coas dietas. Dí as verdades a medias. Que non minta por favor, copnfiamos nil!

10:44  
Anonymous Anónimo said...

ESTOY CONTENTA CON EL MENSAJE DE XAVIER, LLEVAMOS MUCHOS AÑOS CRITICANDO Y PREGUNTANDO AL RESTO DE ALCALDES, Y ELLOS CALLAN Y NO DIERON NUNCA EXPLICACIONES, OLE POR EL NUEVO ALCALDE. NO TIENE PORQUE PERO A MUCHOS NOS DEJA TRANQUILOS EL SABER ALGUNAS COSAS. ME PARECE JUSTO, Y A LOS QUE DICEN QUE MIENTE, MAS MENTIAN LOS OTROS.

11:00  
Anonymous Anónimo said...

Pero El prometía tansparencia y no sabemos nada de las dietas...

11:58  
Anonymous Anónimo said...

No concibo que Lucas que se coinsidera un demócrata CENSURA cualquier opinión contraria a la suya. Él sabra y supongo que este escrito tiene los minutos contados. Pero yo me pregunto:un blog es una agenda personal donde pueden participar los lectores, si no no es blog ni es nada y menos si no se puede opinar en contra del bloggero.
Una pena que en este blog no se respire libertad de expresión como el Blog de Viaje al Interior de Maceda

12:05  
Anonymous Anónimo said...

Agora o Alcalde ten de voceiro oficial este Blog.....espero que o bloggairo manteña a súa independenza.

12:22  
Anonymous Anónimo said...

Agora o Alcalde ten de voceiro oficial este Blog.....espero que o bloggairo manteña a súa independenza.

12:23  
Anonymous Anónimo said...

Creo que hay que ser inteligente y estar por encima de los comentarios absurdos, ridiculos y repetitivos que sule hacer la gente del PP que cuando no tiene argumentos los inventa, como este que escribe por aqui que intenta hacer creer, con admiraciones, que ese sueldo es excesivo, un poquito de sensatez, ese es un sueldo bastante modesto para un alcalde , creo que lo puede ver cualquiera, por ponerle admiraciones no va ser desproporcionado, no entremos en el juego de los peperos resentidos...esos que piden hoy la dimision de la conselleira de politica territorial por trato de favor cuando la politica del PP se basaba unicamente en trato de favror con mayusculas, enchufismo puro y duro. Que morro tienen!
El mismo que el que intenta aqui hacer ver un sueldo excesivo cuando los sueldos de los alcaldes del pp que plagan la provincia son para asustarse de verdad.

08:00  
Anonymous Anónimo said...

Gracias Xabier!

Esto es un gesto de un buen demócrata, transparente, que no tiene nada que esconder a su pueblo.

Te deseo mucha suerte desde Madrid

08:48  
Anonymous Anónimo said...

Transparente, de qué?

Silenzo no tema do Castelo.
Silenzo no tema das dietas.

SILENZO NUNHA LONGA NOITE DE PEDRA.

10:15  
Anonymous Anónimo said...

"Nunha longa noite de pedra"... Manda carallo. Seguro que non sabes de que vai o poemario civil do Celso Emilio, nin o que , no fondo, quere dicir ese texto composto no mosteiro de Celanova cando estivo preso o poeta en 1937 por delación de alguén que desexaba "claudialo".

08:17  
Anonymous Anónimo said...

on "fonte do rodicio" vai de sobrado. Sei eso e moito más. que quixen decir é que antes ddas eleccions o BNG dec Maceda prometeu moitass cosas e de momento non fixo nada e encima con alevosiá e silenzo dunha longa noite de pedra.

12:53  
Anonymous Anónimo said...

A Longa Noite de Pedra foi a Longa Época do PP en Maceda que non trouxo progreso.

06:58  
Anonymous Anónimo said...

A LONGA NOITE DE PEDRA FORON TODOS OS GOBERNOS DE DEREITAS QUE TIVO QUE SOPORTAR MACEDA DESDE A RESTAURACIÓN DEMOCRÁTICA. CANTOS ANOS PERDIDOS. CANTO DIÑEIRO DESPILFARRADO (JULITO/GREGORIO LEVAN O "OSCAR"). CANTA MISERIA.

08:39  
Anonymous Anónimo said...

Maceda tivo moi mala sorte cos alcaldes e adláteres. Lembrades ao Cibeira e á Mariluz. Lembrades ao Julito e ao Gregorio. Lembrades ao Tixo e á Rosa/Torres. Lembrades ao Ricardo e ao Abelardo/Cirollo. Da lista só se salvan o Salvador, o Juan e o Bieito, que só puido gobernar nove meses grazas a Baltar (vicerrei), Veiga Pombo (cuñado do Julito) e a Fraga.

09:00  
Anonymous Anónimo said...

Ese podería ser un "post" de interese público prós viciños:"Os alcaldes de Maceda da etapa democrática desde 1979 ata hoxe". Ten razón "Vixueses". Moi mala sorte tivo o noso concello nestes 28 anos. Fixádevos ben: 28 ANOS, MOITOS DELES PERDIDOS OU MAL EMPREGADOS COAS ARCAS PÚBLICAS E COAS INICIATIVAS POLÍTICAS.

11:54  
Anonymous Anónimo said...

Si queremos que Maceda teña sorte con este alcalde o primeiro que ten que ser é TRANSPARENTE: que fale das dietas que cobra ó final de mes.

09:42  
Anonymous Anónimo said...

"Los pastores, los pastores, los pastores, que coñazo de pastores". Mira que es plasta "Mr. Dietas".

09:48  
Anonymous Anónimo said...

E sguirei sendo plasta ate que o Sr. alcalde conteste en público canto gana de dietas ó mes. Podedes levarvos unha sorpresa....

10:38  
Anonymous Anónimo said...

Quen queira entender, que entenda, pero a lista de salvables ex-alcaldes, resulta cando menos con fumes ben definidos, directa ou conxunturalmente indirectamente definidos. Postura lexítima, por suposto.
Para o tándem vixueses-piúca, con respecto

18:10  
Anonymous Anónimo said...

Salvador era un home de Franqueira pola súa "coxuntura profesional". Juán tamén estaba nos herdeiros daquel proxecto. Fixo máis el en menos dun ano que estivo á fronte do Concello (pavillón, tema da auga, casa cuartel da Garda Civil...) que outros en oito anos. Que o seu fillo sexa un activo militante do nacionalismo, non quere decir que o encaixemos na órbita de Bieito. Cóntame o que fixeron "os outros todos", xuntos ou por separado. De peniña.

12:02  
Anonymous Anónimo said...

VM61e6 Your blog is great. Articles is interesting!

08:06  
Anonymous Anónimo said...

TUStVB Please write anything else!

18:57  
Anonymous Anónimo said...

mThOLv Thanks to author.

20:10  
Anonymous Anónimo said...

Wonderful blog.

20:08  
Anonymous Anónimo said...

Wonderful blog.

20:57  
Anonymous Anónimo said...

Thanks to author.

14:31  
Anonymous Anónimo said...

Hello all!

06:09  
Anonymous Anónimo said...

Magnific!

13:14  
Anonymous Anónimo said...

dbR3Oz Good job!

18:24  
Anonymous Anónimo said...

dbR3Oz Good job!

18:24  
Anonymous Anónimo said...

Wonderful blog.

18:50  

Publicar un comentario

<< Home