jueves, 22 de junio de 2006

Curriculum Coral Albricias


FUNDADA EN AGOSTO DE 1986

A Coral “Albricias” de Maceda, nace en Maceda no verán de 1986, cando un grupo de vecinos desexan realza-los actos celebrados na honra da súa Patrona a Virxe das Neves.
Dende a primeira canción que preparan toma o nome de “Albricias”; a partir dese momento, son innumerables os temas que interpretan de tipo popular, clásico, medieval, relixioso, etc...
No primeiro ano da súa andaina, ofrece en Maceda un concerto de Reis que se transforma nunha tradición da vila, xunto cos Concertos de Primavera, San Pedro, patrón da Vila, e a Festa en honor a Nosa Señora das Neves. Organiza na súa vila tres concertos anuais en colaboración co Concello de Maceda e con prestixiosas corais de fora e dentro da provincia, en Ourense; ofrece distintos concertos no Teatro Principal, participando no Festival de corais que organiza a Excma. Deputación Provincial de Ourense.
Participa en numeros encontros polifónicos celebrados a nivel provincial. Son protagonistas dun emocionante Concerto e Misa no País Vasco con motivo do “Dia das Letras Galegas”. Interpretan a música das Misas retransmitidas por T.V.G. dende Santiago de Compostela e T.V.E dende o Santuario dos Milagros. Participa en moitos actos festivos, relixiosos e conmemorativos que teñen lugar en Maceda a súa comarca e diferentes localidades da provincia.
No ano 96 grava o seu primeiro CD de música popular galega que leva por título “Morriña”.
Neste último periodo, concretamente nos dous anos anteriores amplia o seu repertorio de cara a época medieval; A Vila de Maceda celebra a Festa Medieval e Gastronómica do Leitón no entorno do Castelo e por este motivo especialmente, a Coral ofrece a súa participación nun concerto de música medieval.
A principios do ano 2001, crea a Coral Infantil “Albricias” formada por 38 nenos de idades comprendidas entre os 6 e 14 anos; sendo a maioría deles alumnos da Escola Municipal de Música de Maceda; ésta coral esá dirixida por Juan González (membro da coral e director da escola municipal de Música).
A mediados do ano 2005 viaxa a Santiago de Compostela con motivo da Misa do Peregrino na Catedral, asi como, no mesmo lugar misa Dominical en San Martiño Binario tamén de Santiago de Compostela.
Realiza unha misa com motivo das festas Patronais na hora a “San Benito” no concello de Allariz, e a continuación un concerto na casa da Cultura da mesma localidade.

Na actualidade a Coral “Albricias” está formada por 40 voces, que coordina e dirixe D. Constantino Veiga Pérez.

Director de la Coral

5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Parabéns para a coral

08:04  
Anonymous Anónimo said...

FELICIDADES!

08:10  
Anonymous Anónimo said...

Albricias á Coral Albricias!

08:29  
Anonymous Anónimo said...

GRAAAAAAACIAS ALBRIIIIIIICIAS.

15:21  
Anonymous Anónimo said...

NON E CERTO QUE HAXA UNHA CORAL INFANTIL HOUBOA PERO COMO TODO O BO EN MACEDA TAMEN DESAPARECEU

GOSTARIAME VOLVER A DISFRUTAR DAS VOCES DOS NOSOS CATIVOS, E ASEGURAR O FUTURO DA CORAL CON ESES NENOS PARA CHEGAR A CELEBRAR O 50 ANIVERSARIO

16:42  

Publicar un comentario

<< Home