Cada gota cuenta...
Como siempre se harán muchas lecturas de esta reunión, la conclusión más valedera por el bien de Maceda es que el problema se solucione ya…
Mi pueblo, las cosas que te preocupan de la vida interior de Maceda, todo aquello que se oye en la plaza entre los taxistas, al salir de Misa, en el Cesareo,... No soy responsable de todas las opiniones que se reflejan en este blog pero alguien de Maceda si...
Como siempre se harán muchas lecturas de esta reunión, la conclusión más valedera por el bien de Maceda es que el problema se solucione ya…
Como internauta que son, aínda que agora moito menos por falta de tempo dende o meu novo cargo, vexo que hai bastante polémica en torno ao meu salario como Alcalde. Se me permitides tamén me gustaría participar neste blog.
Efectivamente son consciente que 1500 Euros mensuais é unha carga para o Concello como outra calquera, non son nin aproveitado nin malgastador, pero deses 1500 euros co que se me desconta de impostos me quedan ao mes en 1200, non sei se haberá algún xerente dalgunha empresa que traballe por esa cantidade bastante axustada para vivir. Vistas todas as responsabilidades que ten un alcalde, seguramente que é un soldo pequeno pero para mi suficiente, non aspiro a máis e tratarei de defendelo fronte aos intereses dos macedans con toda a paixón posible. Por certo... Me gustaría saber os salarios de alcaldes doutros partidos pola provincia de Ourense adiante...
Hai unhas cuestións derivadas da miña profesión que non me permiten acollerme á dedicación exclusiva, por iso inclineime pola parcial, recordo que non teño pensado ser alcalde ata miña xubilación, e ao rematar a miña fase como alcalde terei que seguir exercendo o traballo que realizaba ata agora, e de aí que terei que manter o meu estatus profesional dalgún xeito. Gustaríame insistir en que non estou na idea de dedicarlle 4 horas diarias ao Concello, máis ben dedícolle as 24 horas do día ao servizo dos cidadáns de Maceda.
Non me parece moi ético defender o meu salario porque non é o principal problema de Maceda, en calquera caso recordar que na miña primeira semana como Alcalde xestionei unha subvención da Xunta que supera o meu salario por un ano, polo que seguramente xa estaría rentabilizado, e non pretendín nunca que o meu salario pasase desapercibido, recordar que o aprobamos en pleno ás 8 da tarde e anunciado previamente para que asistise todo o mundo. En calquera caso as arcas do Concello comigo están de momento igualadas en gastos de salarios co goberno anterior, xa que e isto é curioso, cobro o mesmo salario que cobraba o man dereita do anterior alcalde de sobra por todos coñecido, tal e como apunto outro internauta neste blog en outro comentario.
Sobre as medidas tomadas de tráfico, é unha preocupación do actual Concello de Maceda a mellora do tráfico porque repercute positivamente nos negocios e na comodidade dos veciños. Foron postas a proba estas Novenas coa idea de poñelas o verán próximo do 15 de Xullo ao 10 de Setembro.
Vexo que algún internauta sospeita destas medidas como que son para tapar outros problemas, e teño que dicir que sempre me gustou afrontar os problemas de cara e con transparencia, de aí que este Luns día 24 ás 8 da tarde no Salón de Plenos do Concello, convocase a todos os veciños de Maceda a unha asemblea para expor que a auga que bebemos e debido a unha mala xestión do equipo de goberno anterior, non está nas mellores condicións e para poñernos xunto co Concelleiro de Medio Ambiente os deberes para este Outono de solucionalo coste o que coste, xa que os veciños de Maceda merecen auga de calidade e lla podemos ofertar cos investimentos apropiados claro.
Ahora comentad lo que queráis a mi el sueldo del alcalde no me preocupa…