Non pode haber nada máis molesto para un alcalde que se produzan mobilizacións nas rúas do seu pobo, ¿porqué?, pois porque aínda sendo favorables como é este caso sempre corres o risco de incidentes polos que tes que responder e tamén está claro que nunca gustan a todo o mundo. Esto descarta calquera idea pola miña parte de estar detrás das da pasada semana. Outra cousa ben distinta e que eu mesmo en persoa as apoiara ca miña presencia e intervencións como no podía ser de outro xeito.
Estes días estou a sufrir os ataques sen cuartel do Sr. Palomanes, acusacións directas a miña persoa referentes a que si lle corto o suministro eléctrico no castelo, que si lle intento tirar ca porta, etc. Está moi claro que a estas alturas de película o Sr. Palomanes sabe que todo o expediente no que se basea a rescisión do contrato e real, ten fundamento e probablemente prospere nos tribunais e en caso de non prosperar sabe que se vai igualmente cunha indemnización baixo o brazo e cun montón de sancións por incumprimentos varios que imos ver de onde saca os cartos para pagalas. E por iso que a estratexia a seguir por esta persoa consiste en intentar dividir os veciños de Maceda, confundilos con falsos argumentos e mesmo acusalos de radicais co seu alcalde o fronte e como obxectivo fundamental na súa batalla.
Pero o problema real que ten o Sr. Palomanes non consiste en manter o pulso o Concello no tema da súa nai que xa todos sabemos que está pechada no Castelo por iniciativa propia e que pode saír cando queira, ou finalmente cando llo ordene un xuíz.
O tema está en que o Castelo xa o perdeu (Grazas a deus!) e o que agora se xoga son moitos cartos que o poden situar nunha situación complicada a nivel persoal para moitos anos.
Dende o Concello e máis en concreto dende a Alcaldía mantemos a idea de seguir na nosa posición de calma e prudencia, a espera de que a xustiza decida, non temos presa, como si temos que agardar un ano. Calquera cidadán entenderá que eu como alcalde pola única porta que teño pensado acceder o castelo é pola principal e chave en man, porque para iso son o Alcalde Presidente do Concello propietario do Castelo e aínda non sei de ninguén que tendo unha propiedade teña que acceder a ela saltando un muro e escondéndose da lei.
Quero aproveitar este medio para por en coñecemento que na situación do Castelo existen dúas entidades que poden actuar en consonancia e perfectamente na lei: por unha parte a Xustiza que decidirá cando se nos entrega a chave do Castelo e pola outra o
Concello que está perfectamente capacitado legalmente para controlalo con forzas da Policía Local e cortar a auga a un edificio público que non é vivenda de ninguén e no cal cesou a actividade comercial. O que si, non existe ningún apartado na lexislación vixente que contemple poder apoderarse dun edificio público para auto secuestrarse dentro ca ameaza de que non sae mentres non reciba unha orde xudicial, eso si é totalmente ilegal e no seu día o responsable terá que pagar por elo. Este feito en si xa sería suficiente para rescindirlle o contrato, e será utilizado no futuro como mostra que unha persoa que é capaz de secuestrar un edificio público no é en ningún caso apto para rexentalo.
Non temos grandes novidades o respecto polo que quedamos a espera de ter novas en próximos días, as que serán comunicadas pola alcaldía en Asamblea veciñal, onde terán os veciños a oportunidade de preguntar como non podía ser de outro xeito.
Xabier Oviedo.
Etiquetas: castillo maceda palomanes vivienda