miércoles, 24 de octubre de 2007

Comunicado sobre el Castillo

Non pode haber nada máis molesto para un alcalde que se produzan mobilizacións nas rúas do seu pobo, ¿porqué?, pois porque aínda sendo favorables como é este caso sempre corres o risco de incidentes polos que tes que responder e tamén está claro que nunca gustan a todo o mundo. Esto descarta calquera idea pola miña parte de estar detrás das da pasada semana. Outra cousa ben distinta e que eu mesmo en persoa as apoiara ca miña presencia e intervencións como no podía ser de outro xeito.

Estes días estou a sufrir os ataques sen cuartel do Sr. Palomanes, acusacións directas a miña persoa referentes a que si lle corto o suministro eléctrico no castelo, que si lle intento tirar ca porta, etc. Está moi claro que a estas alturas de película o Sr. Palomanes sabe que todo o expediente no que se basea a rescisión do contrato e real, ten fundamento e probablemente prospere nos tribunais e en caso de non prosperar sabe que se vai igualmente cunha indemnización baixo o brazo e cun montón de sancións por incumprimentos varios que imos ver de onde saca os cartos para pagalas. E por iso que a estratexia a seguir por esta persoa consiste en intentar dividir os veciños de Maceda, confundilos con falsos argumentos e mesmo acusalos de radicais co seu alcalde o fronte e como obxectivo fundamental na súa batalla.

Pero o problema real que ten o Sr. Palomanes non consiste en manter o pulso o Concello no tema da súa nai que xa todos sabemos que está pechada no Castelo por iniciativa propia e que pode saír cando queira, ou finalmente cando llo ordene un xuíz.

O tema está en que o Castelo xa o perdeu (Grazas a deus!) e o que agora se xoga son moitos cartos que o poden situar nunha situación complicada a nivel persoal para moitos anos.

Dende o Concello e máis en concreto dende a Alcaldía mantemos a idea de seguir na nosa posición de calma e prudencia, a espera de que a xustiza decida, non temos presa, como si temos que agardar un ano. Calquera cidadán entenderá que eu como alcalde pola única porta que teño pensado acceder o castelo é pola principal e chave en man, porque para iso son o Alcalde Presidente do Concello propietario do Castelo e aínda non sei de ninguén que tendo unha propiedade teña que acceder a ela saltando un muro e escondéndose da lei.

Quero aproveitar este medio para por en coñecemento que na situación do Castelo existen dúas entidades que poden actuar en consonancia e perfectamente na lei: por unha parte a Xustiza que decidirá cando se nos entrega a chave do Castelo e pola outra o
Concello que está perfectamente capacitado legalmente para controlalo con forzas da Policía Local e cortar a auga a un edificio público que non é vivenda de ninguén e no cal cesou a actividade comercial. O que si, non existe ningún apartado na lexislación vixente que contemple poder apoderarse dun edificio público para auto secuestrarse dentro ca ameaza de que non sae mentres non reciba unha orde xudicial, eso si é totalmente ilegal e no seu día o responsable terá que pagar por elo. Este feito en si xa sería suficiente para rescindirlle o contrato, e será utilizado no futuro como mostra que unha persoa que é capaz de secuestrar un edificio público no é en ningún caso apto para rexentalo.

Non temos grandes novidades o respecto polo que quedamos a espera de ter novas en próximos días, as que serán comunicadas pola alcaldía en Asamblea veciñal, onde terán os veciños a oportunidade de preguntar como non podía ser de outro xeito.

Xabier Oviedo.

Etiquetas:

55 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Palomanes é o problema. Xabier é o que puxo fóra do Castelo a Palomanes. A súa nai non pode pecharse nun edificio que é propiedade de todos os macedáns. Isto xa cheira. A señoriña quere ir á "peluquería" este venres... ¿Non está a cometer algún delito esta señora?

07:04  
Anonymous Anónimo said...

No se trata de "matar al mensajero", pero... una semana despues de escribir "al dictado" de Palomanes, "el mensajero" le dá "cancha" al alcalde ("Voz", 25-X-07), aunque denota claramente -no subliminalmente- cierta intencionalidad y parcialidad en la redacción.

07:31  
Anonymous Anónimo said...

¿Non tiñan viciños de Maceda dereito a entrar ao paso de ronda do Castelo cando lles viñese en gana aínda que se adxudicase un "hoteliño" a un señor? Unha denuncia colectiva dos veciños á mestra xubilada non debe descartarse nun futuro inmediato. ¿Quén é ela pra impedir o paso aos macedáns a unha estancia que é de todos?

17:27  
Anonymous Anónimo said...

Os veciños de Maceda tomarán mañá as armas contra a Princesa do Castelo.
Mañá venres as 7:00 da tarde os veciños de Maceda, cualificados na prensa oficial do Reino Palomanes (La Coz de Galicia) como delincuentes, porcos, mentireiros e vándalos, responderán coas únicas armas que poden tirar abaixo o “muro das mentiras”... as verbas do pobo.
Acude armado... algo para montar barullo e a túa frase dedicada á Princesa Celsa escrita nun terzo dun folio. Un exército de arqueiros faralle chegar a túa mensaxe.


¡¡¡O CASTELO É NOSO!!!

18:23  
Anonymous Anónimo said...

El "mensajero" escribe hoy (26.X) al dictado que su madre puede estar en unha especie de "secuestro encubierto". Por favor. Se le fue definitivamente la conexión con la realidad. Que abra la puerta y se marche. Además nos sigue llamando... Que paciencia hai que tener. No entremos en sus provocaciones. Que desgracia para Maceda ese individuo.

07:04  
Anonymous Anónimo said...

Se realmente esas verbas sairon pola boca de “Palo-MAN”,son dignas de publicalas polsa ruas de Maceda,gustaríame ollalas por un intre e saber que grado de estupidez alcanza dito suxeito.Lucas, poderías amosalas no teu blog,sería un gran exercicio de conciencia para a xente, que tuveran publicidade.
En fin, a mellor arma da que dispomos penso que é o diálogo.Ó parecer a Celsa,disque oe algo mal, e creo que non se entera do que está a acontecer.Din os entendidos que agocha nalgures o Santo Grial,e ten medo de que llelo ruobemos.Propoño porlle un aparato nunha beira do castelo, con algun sonido tétrico,psicofonías…que cumpla cos decibelios permitidos,aver se así se acaba aburrindo ou collendo medo…
Por certo,noraboa ó “home pau”(palo-man)por a demostración de cultura e humanidade que nos está a dar,debería estar orgulloso…A istoria facémola NÓS(os inadaptados,je je)

10:18  
Anonymous Anónimo said...

Moita forza para que Maceda e os macedáns se manteñan unidos para recuperar o castelo... que non vos dividan, eles é o que pretenden!!!

15:46  
Anonymous Anónimo said...

O da Voz de Galicia de hoxe clama o ceo.
Como bo xornal, sempre vendido ao maior postor.

19:37  
Anonymous Anónimo said...

Se tanto traballa, que presente facturas de habitacións, e facturas de mercancia.

19:38  
Anonymous Anónimo said...

BARDO:EU SON DO POBO LLANO E NON ENTENDO ESA LITERATURA TÚA PREPOTENTE E SNOBISTA.POR FAVOR RETIRATE POOLO VEN DA COMUNIDADE.QUE PRESUNTUOSO,COÑO

08:10  
Anonymous Anónimo said...

Eu tamén son do "pobo-llano" e non por iso son ignorante.
Reventame a xente que asocia e condicionada a súa ignorancia, perdón, o seu non saber, co lugar onde naceu.
Parabens ao análise do Bardo.

16:29  
Anonymous Anónimo said...

Eu creo que debería selo pobo quen decidise o destino do castelo. Alguén dixo algo nalgún comentario.

Non son partidario de apoialo axuntamento, de feito non creo nas movilizacións se istas son unha mostra de apoio a algún grupo político.

Deberíamos crear unha asamblea popular para decidir y impor a vontade da xente para o futuro do castelo.

Por un novo xerente non é unha solución. O castelo non debe servir a intereses particulares. Poderíamolo xestionar xs veciñxs. Seica haberá unha nova asamblea no concello. Pode ser unha oportunidade.

Non estiven nas movilización anteriores, por que non son partidario de apoiar a postura de n ingún partido. Son partidario da decisión da xente. Decisión que debe ser allea os intereses particulares que son o fin dos partidos políticos.

Un novo xestro, sería un novo mangante. Sería, de novo, o castelo, para os amigos dos gobernantes.

10:04  
Anonymous Anónimo said...

O pobo é soberano para decidir os seus representantes que son os que exercen de xestores do concello. Dicir que ten que ser o pobo o que dicide, é non dicir, nada. E imposible de articular o poder doutro xeito, a lo menos hoxendia.
Tampouco agora imos facer do castelo o epicentro dos problemas de Maceda.
Do que se trata de que alguén o xestione e explote cunhas garantías mínimas que aporten un beneficia a vila. O demáis é parear a perdiz.

10:39  
Anonymous Anónimo said...

Dicir "....un novo xestor sería un novo magnate" é ao meu entender unha afirmación sen contido e faltar ao rigor.
A mín dame igual que sea magnate ou non magnate, o que terá que ser é un PROFESIONAL, repito un PROFESIONAL, que conxugue os beneficios empresarias (lóxicos) e que tamén sexa beneficioso para Maceda.

10:42  
Anonymous Anónimo said...

Flaco favor le está haciendo el "mensajero" de la "Voz" al Palomanes con la enésima entrevista a la señora que está encerrada por voluntad propia en el castillo. Cualquier lector sabe que está en situación ilegal de "okupa". Esto parece un esperpento. El "mensajero" no dice que son los hijos los que le traen la comida a ella. ¡Qué tropa! ¡A ver a quién metemos la próxima vez!

11:29  
Anonymous Anónimo said...

A realidade da democracia actual e a realidade dunha democracia a medias, ou chamada doutra forma democracia liberal. Dista con moito a repesentar os intereses do pobo. Pero iso forma parte dun debate mais alo do tema do castelo.

O sistema actual permete o roubo legal, a ises ladros legais chámaselles empresarios. Iso, ó meu modo de ver, por iso utilizo a palabra mangante, en troques de empresario.

Aclarado isto, creo que deixar algo que debería pertencer a xente do pobo en máns dun ladrón legal e un erro.

Creo que o castelo é do pobo, non unha forma de servir a intereses indibiduais, e creo que existen moitos mais xeitos de sestionalo.

Un saudo

15:46  
Anonymous Anónimo said...

Creo que o castelo, pode ser, ou ben xestionado polo propio axuntamento. Como, por certo ocorre na mioría dos lugares ou ben autoxestionado polxs propixs veciñxs, que sería o ideal.

Utilizar o castelo como hotel, privao da súa capacidade de divulgación cultural, polo simple feito, de que sirve a intereses privados e os intereses privados, contrarios os intereses comúns, polo tanto o castelo non sería do pobo, tal e como algún afirma contradictoriamente.

Así, que na miña modesta opinión, o castelo non debe ser empregado como unha empresa (negocio legal de roubar), senon coma un centro cultural, para uso e disfrute dxs veciñxs de maceda.

15:58  
Anonymous Anónimo said...

A parte, do anteriormete exposto, todxs sabemos, que unha vez posto a concurso,
a realidade nos dirá que o castelo, o mais probablemente, será asinado a dedo. Por desgracia teño coñecemento de que os concursos dos axuntamentos non son mais que unha pantomina. Seino por experiencia laboral, ademais é algo que todo o mundo sospeita. Simplemente o certifico.

O castelo non debe ter como finalidade o benefico dun grupo reducido de xente. Na miña opinión debe seres aproveitado en beneficio da sociedade macedán, disfrutado por todxs en igual medida, sen ter que pagar por algo que é de todxs.

Hai moitas fórmulas mellores para o castelo. E creo que debería decidir o pobo directamente e ser a súa vontade acatada polo axuntamento. Senon ¿que clase de democracia queremos?¿unha onde a xente non pinta nada? Non ten sentido.

Debemos ser xs macedans quenes decidamos o futuro do castelo, non un partido político, xa que os partidos políticos serven a intereses indibiduais e xa o veremos co tempo, se non nos preocupamos de defendelos nosos intereses coma traballadorxs.

A democracia é moito mais que votar cada catro anos. De feito, eu decidín que votar non serve para nada. A democracia está no día a día. A democracia está en reclamar o que nos pertence como productores de riqueza, como traballadorxs.

16:14  
Anonymous Anónimo said...

Haber se somos serios, a mín estes rojillos de sofa e que me ....
A que ben chamarlle ladrons aos empresarios, haberá de todo.
Deixémonos de descursos baleiros e demagoxias, nínguén dubida co castelo é do pobo, pero iso xa está claro. E o concello decidiu no seu momento que se use como hospedaxe e restaurante, e punto.
Agora do que se trata é de que esté xestionado por profesionais.
O demaís, con todos os respectos son pallas mentais de xente aborricida un domingo pola tarde.
Deixemonos de latricar e de discursos rancios de seudointelectuales que arranxan os problemas dende o sofa da súa casa.

20:33  
Anonymous Anónimo said...

A verdade é que a mellor opción sería converter o castelo nun centro cultural, nun espazo no que se poda facer unha exposición sobre o entroido, historia da vila, conferencias... pero como sempre hai que pensar nos cartos, Maceda pode manter iso? coido que non e poñendo as prioridades sobre a mesa, e non digo que a cultura non sexa importante, Maceda ten aínda moito por resolver antes.

21:51  
Anonymous Anónimo said...

Que explique o lider da oposición de Maceda (o tixo), por que votou o seu grupo no concello en favor do alcalde, e agora o presidente do pp de maceda "sesiño", escribe no xornal contra a xestion do alcalde no castelo. é unha estratexia ou van cada un por un lado.

08:01  
Anonymous Anónimo said...

"sesiño"... dame a risa, ¿como dis que he, presidente do PP local de Maceda?
Eu son votante do PP pero espero e desexo que "Xabier Rubin" este moitos anos de alcalde con castelo ou sen el.

09:37  
Anonymous Anónimo said...

NON DESVIEMOS O TEMA.
¿ESTÁ A VELLA COMETENDO UN DELITO? ¿É UN COBARDE O FILLO?
¿QUE SABE PALOMANES PRA QUE A "VOZ" O TRATE TAN BEN?
¿QUE GANA A "VOZ"?
¿CANTO VAI SEGUIR ESTA PANTOMIMA?

O POBO DE MACEDA ESTÁ UNIDO NESTE TEMA.

SEÑORES POLÍTICOS, NON PERDAN O NORTE.
HOXE TOCA POÑERSE TODOS DO MISMO LADO ¿NON SÍ?

10:01  
Anonymous Anónimo said...

Paréceme que esto todo foíselle da mans a Xavier Oviedo.
Ciais a inexperiencia. Cicais estar rodeado de xente rencorosa e dudosamente revolucionaria. Cicais sempre é mellor asesorarse xurídicamente antes e esperar pola decisión da Xustiza.
O único que se está a conquerir é que o noso pobo salga nas noticias cuin pintoresquismo que raia a opereta e que debido a este ambiente "revolucionario" indivíduos aislados cometan actos iondignos de un demócrata.
a cousa vai para longo desgraciadamente por un erro por parte do noso de alcalde de precipitación e creo que eso desacredítao como máximo representante de tódolas maceda´ns e macedanos. O asalto a Bastilla finou fai tres séculos, hoxe existren mecanismo democráticos (os xuices)que dictará de unha vez esa lacra para Maceda que é o Sr. Palomanes.

10:14  
Anonymous Anónimo said...

QUE FALE ISA EMINENCIA QUE É O QUE SE CHAMA "O BARDO"

10:18  
Anonymous Anónimo said...

Ao das 10:14. Como se nota que non estiveches en ningunha das 5 concentracións fronte ao Castelo: Só houbo xente pacífica, lúdica, reivindicativa (iso sí) e moi civilizada a pesar dunha situación que podería "cabrear" a todos os que alí estivemos. Non se pode falar do que non se víu nin meter cuña onde non existe. De pena.

10:19  
Anonymous Anónimo said...

Sin que estiven pero de mirón.- e de lúdico non tiña nada.
as protestas son lñóxicas, pero a xente vaise cansar de protestar cando passen dúas ou tres semáns. este non é efectivo o ínico que fai e poñer quente a xente.....
ë moi fácil facer o que fixo Xavier: enardecer ó pobo e logo a esperar..........

11:29  
Anonymous Anónimo said...

O primeiro, a hora de dar unha opinión, é cuestionarse a un mesmo e reflexionar. Creo que o primeiro en contestarme non o fixo moito, xa que se preocupou mais de dar unha resposta bastante contradictoria que non ten nin xeito nin educación.

Pareceme estupenda a segunda resposta. Iso é moito mais razonado. De todas maneiras creo que ter o castelo coma hostal, tampouco lle vai dar tantos cartos o axuntamento.

Creo que sería moi bon convertir o castelo nun centro cultural, polo que isto pode aportar a xente de Maceda. Como centro cultural pode atraer mais a xente de fora. Resultar mais atractivo para os que nos queiran visitar. Organizar actividades que convirtan o castelo nun lugar atractivo.

Moita xente, no vrao queixábase de que non podían ir ver o castelo.Perdeuse a noite de terror no castelo. Inda que a mín é algo que non me chama a atención é algo que tivo sempre moi boa aceptación e non o deberíamos perder.

Na miña opinión, un hostal, limita as posibilidades do castelo. Pero todxs somos ceibes de apoiar o que consideremos mellor. E é moi bon aportar as ideas de cada quen, inda que poidan ser erradas. Son da opinión de que a decición da maioría será sempre a mais acertada e xusta, polo tanto a idonea.

Por ista razón non apoio algo no que non creo. Non apoio, quitar o actual rexidor, para por outro. Inda que ben sei que a intención da xente e boa. Téntase que o novo rexidor faga moito mais polo pobo. Mais eu creo que un/ha empresarix soio mira por gañar mais cartos. Iso é unha empresa, non se pode esperar outra actitude, porque dutra forma, a empresa non sobrevibe e un empresario rouba, por que ise é o seu fin; ter cantos mais beneficios mellor.

11:51  
Anonymous Anónimo said...

Creo que antes de pensar na futura utilidade do Castelo debemos resolver o tema da expulsión da familia Palomanes......
A forza de moitos dos nos representantes pólíticos váise pola boca. A xente debido a esto está moi impaciente, o forno esta quente.
A moitos dos macedanos gustaríanos que o alcalde nos explique a súa FOLLA DE RUTA porqueou eu son corto mental ou non entendo o que quere facer......

12:35  
Anonymous Anónimo said...

Creo que antes de pensar na futura utilidade do Castelo debemos resolver o tema da expulsión da familia Palomanes......
A forza de moitos dos nos representantes pólíticos váise pola boca. A xente debido a esto está moi impaciente, o forno esta quente.
A moitos dos macedanos gustaríanos que o alcalde nos explique a súa FOLLA DE RUTA porqueou eu son corto mental ou non entendo o que quere facer......

12:35  
Anonymous Anónimo said...

Se eres corto, tampouco entenderás o da folla de ruta.......ja, ja.

12:57  
Anonymous Anónimo said...

Os falabarato sempre serán falabarato.

15:01  
Anonymous Anónimo said...

Dentro de pouco haberá unha asamblea. Sería bon asistir e logo sacar conclusións. Despois da asamblea opinarei mellor. Ben reafirmándome no que digo ou ben convencido por outras opinións, que sempre cabe esa posibilidade. Malo sería que non fora así.

Espero poder ir, xa que mañán comezo a ser un escrabo asalariado coma todxs xs que damos o caio, o cal quita o tempo que podo desperdiciar agora. Así que non deixarei constancia nos foros xa. Hay moito que facer.

Nunha cousa estamos todxs dacordo: Palomares fora. Logo, o que se faga despois, creo que sería bon debatilo na asamblea do concello e a decisión maioritaria apoiala e respaldala.

16:37  
Anonymous Anónimo said...

..."escravo asalariado". ¿De que vas? Eiquí do que se trata neste intre é de (unidos todos) largar á mama intrusa do castelo e sen fisuras. TODOS IMOS NO MESMO BARCO E CUN MESMO FIN: RECUPERAR O CASTELO QUE É NOSO! O ALCALDE FAI O QUE TEN QUE FACER E MENUDA PACIENCIA TEN.

19:45  
Anonymous Anónimo said...

"Celsa está feita polvo e púxose a chorar" (Voz, 30.X). Celsiña, non lle fagas caso ó filliño e vaite pra casiña. Antes pasa pola peluquería.

07:10  
Anonymous Anónimo said...

Pero Xavier resolveu algo ate agora??????????

09:31  
Anonymous Anónimo said...

O TIXO (PP, 7 CONCELLLEIROS) SERÍA INCAPAZ DE ENFRENTARSE CON ESTE PROBLEMA DO CASTILLO. O ALCALDE ESTÁ INTENTANDO RESOLVER UN PROBLEMA QUE OS QUE GOBERNABAN ANTES NUNCA QUIXERON ENCARAR COMO DEBERÍAN.

11:44  
Anonymous Anónimo said...

A min o que me valen son os feitos e o Castelo sigue igoal.
¿ Qué carallo fixo o Xavier?

12:43  
Anonymous Anónimo said...

La señora que está encerrada en el castillo puede estar incurriendo en un delito. ¿Quién es ella para hacer eso?

12:44  
Anonymous Anónimo said...

Fixo o que non se atreveu a faser o emprejado de Baltar.

12:45  
Anonymous Anónimo said...

Sintoo, pero son incapaz de apiar algo sen saber o que se vai facer despois. A aso chámaselle ter opinión propia e convencimentos propios, non me gustar seguir a corrente. Prefiro dar pasos con conciencia e a xeito que por impulsos, mal, e rápido.

Se na asamblea creo que merece a pena apoiar o que ti comentas, pois non teñas, dúbida de que estarei apoiando o que creo convinte, dentro do que poida aportar.

Non me vai iso de seguir a outxs por que sí e sen pensar. Prefiro saber, qué estou apoiando, antes de perder o tempo. Cfeo que ten moito mais sentido. Principalmente, débese a moitas desilusións. Actuar por impulsos e sen coñecemento non é xeito.

Quuizás ti xa teñas unha idea clara. Pero eu de momento non. E polo tanto; primeiro, debo coñecer, logo actuar. Non actuar antes de coñecer. Non me movo sewr saber por qué. Se a xente se movese sen saber para que fin sería unha tontería.

12:47  
Anonymous Anónimo said...

Penso que está do dito, ningún comentario aporta xa nada novo, agás algún sectarismo incorrexible que a estas alturas xa non ten cura.
Deixemos entón que a froita madure.
Saúde e terra.

16:24  
Anonymous Anónimo said...

sobre o ultimo comentario aparte de ser de un snobismo terrible eu dirialle que se baixe do pedestal e adenais e un comentario da xente vencida e calvinista mellor acude a psquiatra e se mais humile

21:00  
Anonymous Anónimo said...

O das 12:43. Se é que o Xavier non ten feito nada, será mellor recorrer o lumbreiras do "sesiño" que igual nos asombra con unha demostración da sua precrara intelixencia.

22:06  
Anonymous Anónimo said...

Para o das 22:06. esta claro que aqui os unicos lumbreiras e intelixentes sondes os da corda do BNG, pero o unico que facedes nestes comentarios e falar...falar e falar e darnos crases de literatura ruin o resto dos mortales. !que fenomenos sondes e que peniña me da que non chegares antes o poder, porque con xente asi e tantos asesores non che digo onde podiamos chegar...¡

09:19  
Anonymous Anónimo said...

Para o das 22.06h
O sesiño é máis correcto que tú porque non insulta.
O que dices de el anúlate como persoa e coma individuo dunha democracia. Esto é o que n os ten acostumados os bloqueiros: a insultar e a non facer nada....

12:58  
Anonymous Anónimo said...

O INIMIGO É PALOMANES.
DEIXADEVOS DE CARALLADAS.
REPITO: O INIMIGO É PALOMANES.

08:40  
Anonymous Anónimo said...

O INIMIGO É PALOMANES.
DEIXADEVOS DE CARALLADAS.
REPITO: O INIMIGO É PALOMANES.

08:41  
Anonymous Anónimo said...

O INIMIGO É PALOMANES.
DEIXADEVOS DE CARALLADAS.
REPITO: O INIMIGO É PALOMANES.

08:41  
Anonymous Anónimo said...

Penoso, sinxelamente penoso, un día destos cando me poña a chatear voume ter que andar con conta non ande o señor Alclade, esta páxina estase a converter no seu circo mediático, hai outros cauces de dirixirse a cidadanía a parte de ir polos foros, pareceme sinxelamente, lamentable.

21:24  
Anonymous Anónimo said...

Carrabouxo:Parece mentira pero falas xa como os periodistas deportivos: mediático, si non sabes o que significa. Moita palabrería pero PALOMANES sigue reíndose do pobo e Xavier ten asgotados o miolos.

22:07  
Anonymous Anónimo said...

lorito, lorito, lorito...

15:21  
Anonymous Anónimo said...

"reíndose do pobo e Xavier ten asgotados o miolos"
1º Non é pobo senon que é o alcalde o que moviliza a xente.
2º Xavier ten un soldo como alcalde, que se rompa os miolos e o menos que debe facer igual que facemos todos nos nosos traballos.
3º Palabrerías as de Xavier que promete cousas que o final lle poñen costa arriba.
4º Gracias por compararme cun periodista, eso é boa sinal, non coma outros.

21:40  
Anonymous Anónimo said...

O CARRABOUXO É O XOSÉ LOIS, NON O QUE SE AGACHA USURPANDO AO HUMORISTA GRÁFICO DE LR E ANT. Un pouco de orixinalidade cos pseudónimos.

16:44  
Anonymous Anónimo said...

Polo menos poño un alias, porque ti...cal tes?O Carrabouxo suele tomar as cousas con sentido do humor, e aiquí hai que tomalas esi.

19:52  

Publicar un comentario

<< Home