jueves, 7 de febrero de 2008

CARNAVAL 2008

Se termino el carnaval, y como todos los años las polemicas surgen. He estado repasando el anterior texto y son varios los que dan razones a favor y en contra de esta "fiesta tan enxebre" de nuestro pueblo.

Yo, personalmente, me parece bien que los vecinos se reunan, aunque sea medio forzoso y sin tradición como los jueves de compadres y comadres, que rompamos esas "estupidas" barreras (sociales, politicas, culturales...) y que nos fundamos todos en una fiesta donde predomine el buen humor y la máxima sea pasarlo bien.

El recorrido de los felos los fines de semana anteriores al sábado de carnaval es una "experiencia" para ser vivida, si es impresionante ver el "asalto" de los felos por nuestros pueblos a lo largo del sábado seguido por una nube de fotografos, los fines de semana anteriores si tienes la suerte de encontrarte con los felos que "viven o entroido" en nuestros pueblos, siguelos... no te arrepentiras.

Como novedad, (yo al menos no lo habia vivido) hubo el desembarco de los felos por las calles de Maceda, llegaron a las Canteras, bajando con su "musica", pasando por el Ayuntamiento, bajando por la cuesta del Sol y recibidos en la plaza de la iglesia por la musica de las charangas y multitud de personas que esperaban impacientes.

El martes desfile y premios, nuevamente polemicas... y el miercoles entierro solemne... se termino Don Carnal y comienza la Cuaresma.

30 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Mellor ENTROIDO.

Reivindico mudar o Triángulo Máxico do Entroido ourensán (Laza, Verin, Xinzo) por un Tetraedro Máxico de Galiza, que, ademais dos Peliqueiros, os Cigarróns e as Pantallas, abrangue tamén o noso FELO. Só así o Entroido será completo.
O FELO non poder ser cousa dunha ducia de persoas da Serra, hai que implicar á xente de tódalas idades e de tódolos recunchos. Nun mundo onde o turismo son divisas, o FELO ten futuro, sen dúbida, porén se nos movemos e o esparexemos pola rosa dos ventos.

Maceda debería acoller un Museo do Entroido (¿no castelo? e pór no mapa ibérico carnavalesco a figura enblemática e auténtica do FELO. Hai que ter orgullo e amor propio, non importar halloweens, mais ben exportar a nosa imaxe.
O FELO é unha marca rexistrada na historia de noso pobo. Protexámola como a unha especie en perigo de extinción!!!

O REPUBLICANO

17:15  
Anonymous Anónimo said...

"Mellor Entroido" non. Entroido e nada máis. "Carnaval" para os venecianos, brasileiros e mesetarios.
O mellor favor que lle podemos facer ao Noso Entroido é deixar que os Felos pululen polas aldeas e lugares da Serra de San Mamede adiante como fixeron sempre e fomentar o Sábado como o Día Grande. Co tema do traxe e da carauta sí que deberiamos ser moi puristas. Desta volta algúns "daban peniña".

17:37  
Anonymous Anónimo said...

Entroido e nada máis, non.
ENTROIDO

19:28  
Anonymous Anónimo said...

"Mellor ENTROIDO" non?
Pois, "Entroido e nada máis" tampouco.
ENTROIDO.

19:30  
Anonymous Anónimo said...

Dame a risa o carnaval o entroido ou a pachanga... Estes eran os que farian algo mellor que os de antes...

21:17  
Anonymous Anónimo said...

E que fixerono mellor, resentido.
Claro que o fixeron mellor, hai que mellorar, pero seguro que para a xente como ti nunca sera igual que co PP-Tixo.

21:31  
Anonymous Anónimo said...

O Tixo nin se dignaba a ir cos Felos polas aldeas. Este polo menos pateou con eles por Castro, Santirso, Pías, Celeirón,Xinzo, A Costa, Couzada...

22:44  
Anonymous Anónimo said...

Pois moi ven... se creedes que as cousa van mellor alegrome, pero eu coido que non e asi..
(Eu non son nin de Tixo, nin de Xavier nin de ninguen soo son un veciño de MACEDA, polo tanto non son ningun resentido como ti dis, repitoche, son un veciño de MACEDA...)
E sigo pensando que nin entroido... nin nada de nada...

10:50  
Anonymous Anónimo said...

Os de fóra que viñeron o Sábado nos percorridos -tanto da mañá como da tarde- alucinaron. Os de eiquí -que non foron- disparan e disparan. O Sábado de Entroido foi un Día Grande polas aldeas e lugares da contorna de Maceda.
Leo crónicas moi eloxiosas en Galicia Hoxe, El País [ed. Galiza], La Región, O Sil, etc., Corrixamos erros [indumentaria, carauta...] pro en positivo e "fagamos pedagoxía" pra que non se afasten da contorna.

17:02  
Anonymous Anónimo said...

O do sábado está ben, eu que me visto de felo quería aclarar o seguinte:
1.- Da a sensación que só nos vestimos para a prensa, e quen marca os tempos e a prensa. Patético.

2.- Estou de acordo que o PP nunca lle interesou o entroido, pero que carallo fai esa corte de plebeyos seguindo aos felos (amigos, xornalistas, autobus, alcalde, etc) non ten sentido.
O alcalde a ben seguro que con boa intención foi cos felos, pero se algo ten o entroido e a súa anarquia e sometemento ao poder.

3.- Empecemos por eliminar o do autobus e o de ir xantar a Maceda, é esperpentico. Para que queremos tradición se o fodemos con istes detalles.

UN saúdo.

20:05  
Anonymous Anónimo said...

Ese espíritu ánarquico é o que se debe manter. Esa é a esencia dos felos. Agora ben, os percorridos poden seguir, aínda que cada ano se varíen. A xente é libre de mirar, seguilos e facer o que lle veña en gana. Ao igual que os felos. O de "corte de plebeyos" deberías retiralo. O de "sometemento ao poder", coido que che faltou un "non" diante.Os antropólogos saben que toda tradición vai mudando. O entroido de Xinzo e Verín de fai 50 anos non se parece en nada ao de hoxe [pra empezar en Verín nin zigarróns había. Eran algúns peliqueiros de Laza que remataban alí ao empardecer pra tomar unhas tazas].

09:40  
Anonymous Anónimo said...

Pido opinións (a favor ou en contra) respecto á idea que propuxen noutra Post de crear un Museo do Entroido no Castelo de Maceda.

O REPUBLICANO

12:23  
Anonymous Anónimo said...

Un museo do Felo, do Coiro [albardeiros] e dos oleiros. Nesa teima andamos dende hai moitos anos.

13:47  
Anonymous Anónimo said...

Efectivamente "Fonte do Rodicio" faltoume un non.

19:56  
Anonymous Anónimo said...

Hai que ir por pasos, primeiro recuperemos a figura do felo, dignifiquelo, recuperemos os reinados, recuperemos o testamento do burro e despois fagamos museos do entroido.

19:58  
Anonymous Anónimo said...

Estou totalmente de acordo co das 20:05. Non fai moitos anos que o entroido en Maceda era doutro xeito, os felos sempre estiveron por as ruas... pero sin tanta parafernaria nin tonterias politicas.
O entroido en Maceda ten que ser coma sempre foi nos non somos (Xinzo, Laza ou Verin)

22:03  
Anonymous Anónimo said...

Eu so teño carenta años. E decir debo de ser dos que non viviron neste pobo, oun son un rapaz que non debe de opinar, porque nos ultimos cuarenta anos non tivemos nada do que queredes ver alguns.
Tibemos un pobo con pubs e discotecas, con festas e concursos de carnabal na zeppelin os luns pros nenos, os martes pra os mayores, e xa esta.
Eran outros tempos hosteleros con moita marcha no pobo.
Agora temos esto e hay que apoyalo e deixarse de por pegas por todo.
O carnaval e pasalo ven e punto. Sexan un, dous, ou trescentos os que se disfraza de felos ou de payasos, teran o mue respeto e admiracion ou proibimos que os felos leven o movil nos calzons pra ser mais enxebres. "internautas"

17:11  
Anonymous Anónimo said...

Por suposto estou de acordo. Pero o que fai singular o entroido do concello de Maceda a respecto doutros como Celanova ou Carballiño e que nós temos a figura de felo.

12:59  
Anonymous Anónimo said...

Querer recuperar o felo non é pór pegas. O Entroido non só é pasalo ben, dicir iso mesmo pode ser a noitevella, as festas das neves, unha despedida de solteiro... O entroido é moito máis ca iso, e se as persoas que hoxe viven en Maceda non se dan de conta entón é que realmente o felo está perdido, porén aínda hai xente coma min que pensamos en que hai que intentalo, e como en todo, o primeiro é implicar á xente, porque sen ela non se fai nada, con ela case todo.

16:21  
Anonymous Anónimo said...

Mesturar os tempos (que sempre están mudando) cos felos é non ver o bosque por culpa das árbores. Reivindico un felo "documentado pola historia", senón pasará como fixo o Foxo coas gaitas na Deputación de Ourense e outros "satélites" cos traxes dos gaiteiros. Iso tampouco.
Non se trata de copiar a Verín, Laza ou Xinzo, senón recuperar o que era (e é) noso, sen excusas de móbiles, pubs, discotecas, concursos, etc. Pasalo ben si, pero con xeito e de acordo ao que representa o Entroido e o felo de Maceda.
En Maceda cabe todo, só que cada cousa no seu tempo. E o Entroido é unha semana, concreta, que debe e pode diferenciarse do resto do ano. Para iso só fai falla vontade e conciencia. Con cartos (hai que buscalos nos organismos públicos e/ou privados) a cousa tiraría para adiante. Sen cartos tamén, pero hai que darse a coñecer e situar Maceda no mapa do Entroido galego.

17:57  
Anonymous Anónimo said...

O tema do Museo do Felo (no castelo ou non) debe ser antes incluso co feito de recupera-la a figura do felo, como quen merca un piso antes de ter os cartos. Se antes hai que "hipotecarse", iso é loitar por ter futuro, o contrario é lamer as feridas.

18:00  
Anonymous Anónimo said...

O que non se pode facer tampouco é disfrazarse de felo na festa medieval que se facía antes cada 15de agosto no castelo. Iso é unha forma de desvirtuar a festa propia do Entroido e do felo.
Unha cousa e dicir: "pareces un felo", e outra ben distinta disfrazarse de tal, cando corresponde, non fóra de tempo.
Facer a matanza na primavera, ou o magosto o día dos santos inocentes... por poder, pódese, pero non se debería. Co Entroido pasa o mesmo.

18:31  
Anonymous Anónimo said...

Non houbo moita diferencia entre o aburrido carnaval do PP e a proposta de este ano.
Din que fan moito e non se vé.
Pregaríalle ó Señor Alcalde que me explicase as propostas concretas de actos culturais para este ano.
Non hai planificación, nin ganas nin orixinalidade.
O mellor e que nos organicemos a marxe da corporación municipal en Plataformas Culturais de Veciños independientes e si intromisións dos políticos que entendenden de nada e menos de cultura.
A cultura ten que ser reflexo da comunidade, independiente e espontánea.
Non queremos ser neste enso marionetas do BNG nin do PP nin do POSOE.
O pobo de Maceda posue xente capaz de orginar eventos culturais ó marxe do Axuntamento!!!!

08:26  
Anonymous Anónimo said...

Alegrome das opinions que se estan a facer.
Por que esten a mandar os do BNG, non todo esta ben feito nin por que antes os do PP, todo estaba mal..
Coido que todo sigue igual que antes.

08:49  
Anonymous Anónimo said...

non mentira. non todo sigue igual que antes. a diferenza doucha eu:
antes cada acto era peor con menos xente e menos ilusion. agora cada acto e meyor con mais xente e mais ilusion. Non o esquezas, non o fan ven, pero estan miyorando os politicos todos e o
pobo.

10:30  
Anonymous Anónimo said...

O espiritu de crítica non se pode perder, aos políticos hai que criticalos.
Pero é certo que non é igual que antes, agora hai ilusión e ganas por mellorar, non como quixeramos pero hai quen tire por Maceda, antes non. Antes o alcalde íase criar os fillos a Ourense e vivir a Ourense.

13:22  
Anonymous Anónimo said...

bufff, sempre que leo este blog ó final encontro o mismo: BNG, PP, o alcalde... que cansinos.
¿Por qué non comentades o que pasou no entroido?¿Por que se fala no post de "polémicas" e nadie comenta nada ó respecto?

Ós que vivimos fora gustaríanos enterarnos do que pasou

15:37  
Anonymous Anónimo said...

Alcatruz, escribe en castelán, por favor, a ver se así te lías menos coas y, coas ll, coas v, coas b...
Ler iso a min dame denteira, pódelo crer, chirría.
¿Non tés ninguén que che escriba en galego o que queres dicir?
E perdoa o atrevemento.

16:45  
Anonymous Anónimo said...

Hola eu fun este ano ao entroido de Maceda.
Non hai control e un desastre ganaron os de Chaioso que ivan para non velos.
Eu creo que o xusto sería:3º-Os mosqueteiros que levavan unha carroza de ....
2º-O castelo que estaba moi ben feito.
1º-Os chinos: levaban unha carroza boa,lámparas etc
Resumindo, non volverei.

11:30  
Anonymous Anónimo said...

Ainda non mo creo os de Chaioso e os malladores.
os peores e os mellores premios.
UN DESASTRE

11:33  

Publicar un comentario

<< Home