domingo, 15 de julio de 2007

SURSUMCORDAS

Hola, somos dous rapaces de maceda que estamos inmersos no proxecto de realizar unha curtametraxe no noso pobo.

Estamos a buscar algunhas historias sobre meigas nesta comarca que nos poidan axudar, e queriamos saber se poderias publicar un post con iste tema para que a xente que poida ter informacion sobre algunha lenda deste tipo o comente ou contacte con nos, e nos axude asi a finalizar o guion.


Moitas grazas.


Esta baseado nas "sursumcordas", pero calquera lenda de meigas axudarianos moito. Adxuntamos unha foto do castelo que sacamos para o Storyboard por si o queres publicar. De novo moitas grazas pola axuda.

5 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Ei rapaces,moi boa idea...
E de moito gosto ver que a xente se move, e sobre todo a xente do propio pobo..
Lastima que eu non saiba moitas historias esi...
So algo de santa compaña pero non seria o mesmo.

De novo noraboa pola iniciativa e a ver se o deixades ver por iste pobo.

01:50  
Anonymous Anónimo said...

Preguntarlle á xente máis maio, sería o máis acertado, posto que eles están cheos desa serie de contos, e seguro que estarán encantados de contárvolo

09:26  
Anonymous Anónimo said...

Si, eu estou dacordo. A xente maior sempre ten na lembranza historias dise tipo.
Noraboa pola idea xente,moi ben feito!!!
A xente de maceda debemos apoiar este tipo de iniciativas

13:21  
Anonymous Anónimo said...

Na páxina: www.galiciaencantada.com

Deixei algún conto sobre Maceda. Son curtos pero se vos interesa podemos ampliar a info sen problemas.

Pablo: santirso@hotmail.com

NOTA: Para atopar as historias, a páxina que ten un buscador no que se escribides "Maceda" xa sae o que hai.

Hai moitos outros contos.

Apertas!

16:22  
Anonymous Anónimo said...

Xa tiña visitado outras veces www.galiciaencantada.com.[unha ledicia]. Sobre "A Enigmática Luz do Medo" que Pablo colgou nesa web, aporto o que escribíu Vicente Risco -na páx. 336- do tomo "Provincia de Orense" de "Geografía General del Reino de Galicia" (1930):

"Dá celebridade á Parroquia de Escuadro a misteriosa luz que nas noites claras se ve escintilar dende Maceda, dende Santirso e dende outros lugares, dende tempo inmemorial, na costa que baixa dende Castro á Veiga de Maceda; luz cambiante que deixa de verse conforme o viaxeiro se achega ao lugar onde alumea, -que non foi determinado exactamente, ainda que algúns din corresponder ao Medrollo [Madrollo ou Modrollo segundo que fontes orais de Castro. Ampliar en "A Limia" (1985)de Rivas Quintas]- e cuxo orixe e causa é un misterio. Inventátonse as máis fantásticas e variadas explicacións, dende unha alma en pena até un afloramento de radio ou sinal de pozos petrolíferos".

08:23  

Publicar un comentario

<< Home