- Unha central de biomasa
- Unha Maceda-cultural, na que se podan visitar museos, exposicións, charlas.
- Unha OU-101 digna que nos permita traballar en Ourense todos os días.
- Concertos de música actual, folk-galego para que os novos teñan qué facer non marchen.
- Promoción dos deportes existentes e de novos, como o sendeirismo.
- Incentivar a creación de asociacións culturais e de veciños que podan decidir sobre o futuro da vila.
- Formación á xente para que formen cooperativas, a única solución ao agro e a gandería.
- Fortalecer a festa do Entroido, a nosa gran festa, por exemplo subvencionando investigacións sobre a historia do noso Entroido.
- Fomentar a participación das aldeas na vida da vila, por exemplo con actividades que involucren a todo o concello (percorridos a cabalo ou a pé, rutas de bicicleta, concursos gastronómicos ou deportivos...)
- Introducir a xente aos conceptos básicos do turismo, para que podan rexentar a súa propia casa rural.
- Os xubilados poden participar en coloquios, como por exemplo "Agricultura tradicional perante as novas tecnoloxías" ou colaborar en traballos de recuperación da toponimia, vellos oficios. Ben seguro que o prefiren antes que ficar toda a tarde nunha pedra.
- "Olimpíadas de verán", un equipo por parroquia e participación en diferentes xogos tradicionais. Une ao Concello sen moito gasto económico.
- Colaborar e incentivar ás diferentes parroquias á repoboación do seu monte comunal.
- Cinema ao aire libre no verán.
(Extraidas de los comentarios del Blog, me parece una idea muy positiva el dar ideas para mejorar Maceda y no el libre insulto).