miércoles, 18 de abril de 2007

As miñas ideas para o novo alcalde:

- Unha central de biomasa
- Unha Maceda-cultural, na que se podan visitar museos, exposicións, charlas.
- Unha OU-101 digna que nos permita traballar en Ourense todos os días.
- Concertos de música actual, folk-galego para que os novos teñan qué facer non marchen.
- Promoción dos deportes existentes e de novos, como o sendeirismo.
- Incentivar a creación de asociacións culturais e de veciños que podan decidir sobre o futuro da vila.
- Formación á xente para que formen cooperativas, a única solución ao agro e a gandería.
- Fortalecer a festa do Entroido, a nosa gran festa, por exemplo subvencionando investigacións sobre a historia do noso Entroido.
- Fomentar a participación das aldeas na vida da vila, por exemplo con actividades que involucren a todo o concello (percorridos a cabalo ou a pé, rutas de bicicleta, concursos gastronómicos ou deportivos...)
- Introducir a xente aos conceptos básicos do turismo, para que podan rexentar a súa propia casa rural.
- Os xubilados poden participar en coloquios, como por exemplo "Agricultura tradicional perante as novas tecnoloxías" ou colaborar en traballos de recuperación da toponimia, vellos oficios. Ben seguro que o prefiren antes que ficar toda a tarde nunha pedra.
- "Olimpíadas de verán", un equipo por parroquia e participación en diferentes xogos tradicionais. Une ao Concello sen moito gasto económico.
- Colaborar e incentivar ás diferentes parroquias á repoboación do seu monte comunal.
- Cinema ao aire libre no verán.

(Extraidas de los comentarios del Blog, me parece una idea muy positiva el dar ideas para mejorar Maceda y no el libre insulto).

18 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Xa pensei que administrador do blog se pasara felizmente ó galego. As ideas do "colaborador" son boas (quizais debería facerllas chegar directamente a quen el quere para alcalde). Agardemos que aporte máis e se fagan eco delas os que deben (coidado cos plaxios: mirade o que lle pasou ó López Aguilar en Canarias). E prometer... xa sabemos: os políticos prometen e prometen. Hoxe a opción de voto útil en Maceda, se queremos cambiar a realidade é XAVIER RUBÍN (O VOTO DISPERSO DOS QUE NON SON PP SÓ OS FAVORECE A ELES)

08:20  
Anonymous Anónimo said...

Graciñas pola publicación das miñas propostas.

O meu voto vai ser para o BNG, pero gustaríame que o partido que gañe poda facer realidade algunha das propostas, son ideas polo ben de Maceda.

10:57  
Anonymous Anónimo said...

o meu voto tamen vai ser para o BNG, por que considero que actualmente é a millor candidatura que se presenta xa que o equipo que o forma son todos moi cualificados e con ganas de traballar e sacar o pobo da situación na que está , cada día peor.Gustaríame que todo o mundo reflexione o seú voto e que a xente maior que coñeza se lle explique ben a quen votar, que ofrecen unhos e outros, para que ese día non teñamos unha imaxen lamentable de todos os do PP acarreando xente, por favor evitemos o caciquismo e que o voto se libre e decisión de cada un.
Por favor a xente maior tamen ten moitas necesidades polo que teñen que decidir o seu voto, hai que explicar-lle ben que supón cada voto, cada candidatura.
Vivo no pobo e estou cada vez estou máis apenada por velo asi
sede conscientes a quen votades, o PP que leva toda a vida no noso pobo e xa sabemos de sobra o que fixo e fará

11:17  
Anonymous Anónimo said...

¿Cal e a lista do BNG, ademais de Xabier e Xulio?

11:59  
Anonymous Anónimo said...

O voto dos vellos é moi dificil cambialo, hai que mover aos novos. Hai xente nova en Maceda que pasa da política, hai que facerlle entender que o futuro da súa vila está en xogo. Que non teñen porqué marchar a outros lugar, que Maceda está situada nun sitio privilexiado e que se hoxe está morta é porque non se soubo aproveitar este feito.

O CAMBIO TEN QUE VIR DOS NOVOS!!!

15:31  
Anonymous Anónimo said...

Son moitas as ideas e proxectos de cousas que ainda quedan por facer, todo pode ser mellorable e dende este espiritu e dende onde temos que construir a Maceda do século XIX, sen insultos, sen envexas, sen rencores, construindo futuro, construindo un pobo mellor.

16:11  
Anonymous Anónimo said...

¿¿¿A Maceda do século XIX??? este carallo de conservadores sempre na mesma...

16:55  
Anonymous Anónimo said...

o voto dos xoves non é suficiente¡¡de seguir facendo a carretaxe de todos os anos vai estar a cousa moi complicada¡¡os do pp debería caerlle a cara de vergoña por manipular de esa maneira os nosos maiores¡¡¡

17:21  
Anonymous Anónimo said...

Na miña casa todos os votos serán para o BNG, é o voto máis útil porque os demais votos van favorecer ó pp. Espero e desexo que este sexa o ano do cambio, non podemos aguantar outros catro anos máis cos mesmos, Maceda morrería definitivamente. As familias que teñan maiores na súa casa que non deixen que os do pp os acarrexen.Este ano non podemos deixar que o Torres e compañia fagan o de todos os anos.Animar a toda a xente que vaia votar, é a única forma de que haxa un cambio, todos os votos son necesarios.

20:56  
Anonymous Anónimo said...

Yo no voto ya en Maceda desde hace años que me obligaron a cambiar mi empadronamiento por temas laborales pero doy alguna idea:
- Promoción del comercio local. Comprar en Maceda crea riqueza y puestos de trabajo en Maceda. Comprar en el Carrefour permite ahorrar 10 euros pero el dinero se va a Francia y encima destruimos riqueza y puestos de trabajo. Encima somos capaces de gastarnos 20 euros de gasolina, aceite y ruedas para ahorrar 10 euros de compra. Comprarle al vecino puede resultarnos más caro en el momento de pagar pero el vecino puede generar empleo para nuestros hijos o luego comprarnos a nosotros otra cosa. El empleo y la economía generan riqueza y la actividad económica genera crecimiento.
- Recuperación de viviendas y casas para alojamientos. Alquilar viviendas y subvencionar la recuperación de casas. Crear un organismo que se encargue de gestionar alojamientos y servicios hosteleros en el pueblo. Si los propietarios no tienen medios o no quieren, hay que juntar a patrimonio, diputación, xunta, ayuntamiento y lo que haga falta para poder financiar inversiones que permitan la reconstrucción, recuperación y explotación de alojamiento rural.
- Promoción turística: rutas y senderismo, sitios para visitar, merendar o comer. Guias y proyectos para conocer la zona. Oficina o punto de información o creación de expositores con documentos, mapas, guias y ayudas para dejar en los comercios y lugares que se frecuenten habitualmente por los visitantes. Un chaval una tarde un día al mes monta en un ordenador una pequeña guia o agenda que cuesta pocos euros imprimir unas cuantas copias y distribuirlas.
- Promoción de Ocio: Mejorar las instalaciones deportivas, piscinas municipales y crear nuevos espacios para nuevas actividades.
- Promoción de la cultura. Fomentar actividades continuas como coloquios, exposiciones, charlas, debates. Fomentar asociacionismo y colaboración entre asociaciones y particulares. Crear algo que permita gestionar todo tipo de ayudas y subvenciones a las asociaciones para que no tengan ellos que estar buscando recursos y se dediquen a desarrollar sus actividades.
- Promoción de la vida tranquila. Maceda tiene poco futuro con las actuales y futuras comunicaciones a nivel de industria y fabricación. Estamos lejos de casi todos las materias primas y generadores y no hay perspectivas de inversiones en polígonos y aunque las hubiera tampoco hay demanda de suelo industrial. Tenemos que ser conscientes que Maceda destaca sobre los demás por su ubicación en este valle tan bonito, por la tranquilidad del pueblo, por las rutas y posibilidades para los estresados de la ciudad. Hay que promocionar que aquí se vive cerca de la ciudad pero en plena naturaleza y promocionarlo en Galicia y fuera de Galicia. TV, prensa, internet o incluso generar documentación de oferta vacacional y distribuirla entre agencias de viajes y webs. Evidentemente hay que solucionar previmente la limitación del alojamiento y sitios de restauración.
Bueno, con esto me ha entrado hambre... me voy a cenar... seguiremos....

22:51  
Anonymous Anónimo said...

Entre todos temos que evitar a CARRETAXE, berrade cando os vexades chegar ao colexio electoral, non caledes, defendamos a liberdade de voto, defendamos a nosa democracia.

07:56  
Anonymous Anónimo said...

¿Es cierto que a los gitanos le llevaron en elecciones anteriores alimentos en un furgoneto de cierto supermercado de Maceda? Recordais a Imelda Marcos (la de Filipinas) que regalaba cerdos antes de las elecciones?

08:59  
Anonymous Anónimo said...

Felicidades al administrador: ha conseguido una inusual participación que, salvo contadas excepciones, se desenvuelve en términos muy civilizados. Que se muestre centrado en temas prioritarios para Maceda y que deje un tiempo para reflexionar, antes de introducir otro tema.

11:45  
Anonymous Anónimo said...

como se non fora un tema privilexiado o futuro de Maceda¡¡o que hai que oir¡¡felicidades o administrador por preocuparse por Maceda...

14:11  
Anonymous Anónimo said...

ben eu propoño que toda esta xente que ten as ideas tan claras co que pasa en Maceda, que se poña a facer algo. Os individuos, como tales, témolo bastante dificil, pero agrupandonos sempre teremos mellores resultados. Desde hoxe ata as eleccios podemos facer moito e sobre todo cambiar o voto dos nosos maiores.

17:54  
Anonymous Anónimo said...

Como sempre, vexeselle a certa xente unha intolerancia e un resquemor que lle roe as entrañas e que ten que facerse notar pondo os seus comentarios varias veces, está demostrado que lles "jode" o do BNG. Esta moi ben o dito de que "Fala de min inda que sea mal". Gracias o das 18:52 que falou do BNG seis veces. Graciñas

18:01  
Anonymous Anónimo said...

imaxino que o Blogueiro quitará polo meos os comentarios que estan repetidos, eu agradecerialle que non o fixera. Sigo reafirmandome no mesmo que puxen as 19:01. Gracias polo comentario.

18:05  
Anonymous Anónimo said...

Eu vou votar ó PSOE porque é un voto máis que útil, por suposto.Se non ...a ver o goberno actual da Xunta.

12:41  

Publicar un comentario

<< Home